martes, 1 de agosto de 2006
RESEÑA EN TEMPO EXTERIOR
A reflexión que nos propón este breve pero intenso libro coordinado por
Francisco Haro é a defensa da diversidade, un debate transcendental
no mundo en que vivimos, onde as resistencias contra a homoxeneidade
e a homoxeneización das colectividades humanas están a atravesar a fronteira
das feblezas, das posicións de inferioridade, para se afirmaren como un
valor positivo que non só cómpre preservar senón tamén promover de forma
decidida, sen medo ningún e apreciando a riqueza incorporada pola complexidade
identitaria.
[...]
Unha obra, pois, a pesar da pluralidade de voces, moi coherente no seu
discurso e rigorosa na súa fundamentación e exposición, dobremente valiosas
pola difícil síntese que os autores deberon materializar nun tema sempre delicado
de abordar. É de agradecer, por último, que a complexa problemática descrita
non impida o optimismo respecto do futuro das identidades.
AUTOR: XULIO RIOS
TEXTO COMPLETO EN:
http://www.igadi.org/te/pdf/te_se12/te24_12_147_libros.pdf
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario